José Miñones anuncia la inversión de 21 millones de euros para la renovación de las instalaciones de la Guardia Civil y Policía Nacional en Galicia

04/12/2021

El delegado del Gobierno subraya que el acuerdo incluye un total de 16 actuaciones en municipios gallegos y se financiará con fondos del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia

Las actuaciones consistirán en obras de aislamiento de fachadas y cubiertas, cambio de ventanas, relevo de luminarias y colocación de paneles solares

José Miñones subraya el compromiso del Gobierno de hacer de la transición energética una oportunidad para las personas y una apuesta de desarrollo justo para todos los territorios


O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe o investimento de 20.977.152,9 euros que realizará o Executivo central en Galicia e que situará a Policía Nacional e a Garda Civil á vangarda da sostibilidade e a eficiencia enerxética.

José Miñones sinalou que o acordo subscrito entre o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e o Ministerio do Interior establece un total de 16 actuacións nas dependencias da Policía Nacional, casas cuartel da Garda Civil e centros penitenciarios ubicados en Galicia co obxectivo de promover o aforro e a eficiencia enerxética.

Esta medida, recollida no Plan de Transición Enerxética na Administración Xeral do Estado no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, inclúe obras como o illamento de fachadas e cubertas, cambio de fiestras, substitución de luminarias e colocación de paneis solares.

O delegado do Goberno sinalou que “os proxectos deseñados permitirán conciliar o impulso á sostibilidade e o aforro enerxético no ámbito público en municipios pequenos e áreas rurais, fundamentalmente, o que expresa o compromiso do Goberno de facer da transición enerxética unha oportunidade para as persoas e unha aposta de desenvolvemento xusto para todos os territorios”.

Actuacións nas catro provincias

José Miñones indicou que seis das actuacións se concentran en concellos de menos de 10.000 habitantes. Apuntou que na provincia da Coruña se actuará nas dependencias da Garda Civil nos concellos de Corcubión e Fene e nas da Policía Nacional de A Coruña e Santiago de Compostela.

Na provincia de Lugo, melloraranse as dependencias das Compañías da Garda Civil de Monforte de Lemos e Burela e o posto de Xove. En Ourense, actuarase nas instalacións da Garda Civil de Verín, A Rúa e Celanova, así como nas da Policía Nacional en Ourense.

E en Pontevedra as actuacións enerxéticas terán lugar nos acuartelamentos da Garda Civil de O Porriño e Lalín, no Centro Penitenciario de A Lama, e nas dependencias da Policía Nacional de Vigo e Vilagarcía de Arousa.

As actuacións previstas buscan reducir a demanda enerxética e a dependencia de combustibles fósiles das infraestruturas e edificios asignados ao Ministerio do Interior, así como fomentar neles o consumo de renovables e o autoconsumo; e facilitar a transición a unha mobilidade de cero emisións nas frotas de vehículos policiais.

En liña cos mandatos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, todas as actuacións deberán estar rematadas antes do 31 de decembro de 2023 e cumprir co principio de “non causar un prexuízo significativo ao medioambiente”.