Linguas cooficiais en España

O Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado foi creado por Real Decreto 905/2007, de 6 de xullo, como órgano colexiado *interministerial dedicado á análise, o impulso e a coordinación da política da Administración Xeral do Estado en relación co uso das linguas oficiais das Comunidades Autónomas, co obxectivo de procurar unha mellor atención aos dereitos lingüísticos dos cidadáns. A Oficina de Linguas Oficiais, creada no artigo 8 do Real Decreto antes citado, configúrase como “unidade permanente de asistencia e apoio ao Consello”, dedicada ao “estudo, a promoción o asesoramento, a planificación e a constatación do uso das linguas oficiais, tanto nos servizos centrais como na estrutura periférica da Administración Xeral do Estado”.