Axudas, subvencións e becas

O Goberno de España inviste nos seus cidadáns, e faino a través de axudas, bolsas e subvencións que apoian as súas iniciativas e contribúen a paliar as súas dificultades en todos os ámbitos, desde as políticas sociais en áreas tan importantes como a dependencia, a discapacidade ou o apoio aos colectivos máis afectados por carencias básicas, ata as axudas e subvencións por sectores.

Desde aquí poderás acceder ao sistema de procura de axudas bolsas e subvencións da rede administracion.gob.es. Nestas páxinas atoparás a ampla variedade de bolsas, axudas e subvencións e as instrucións e requisitos para solicitalas.

Tamén terás a posibilidade de subscribirche á lista de distribución OFER-TRABEC, que é un Servizo ofrecido polo Centro de Comunicacións CSIC/RedIRIS e FCR/UID dedicado á distribución de ofertas de traballo público e privado así como bolsas, axudas, premios, programas de investigación, etc.