Abel Losada subliña a aposta pola industria limpa e competitiva do Goberno ao financiar con 7 millóns € tres grandes proxectos na provincia

Abel Losada subliña a aposta pola industria limpa e competitiva do Goberno ao financiar con 7 millóns € tres grandes proxectos na provincia

26/03/2024

*Foresa fabricará *biorresinas en Caldas de Reis cunha achega de 3 millóns de euros
*Alumisel recibirá 4 millóns de euros para o reciclado e recuperación dos residuos metálicos xerados nas súas instalacións do Porriño e a posta en marcha dunha nova planta na localidade 
A empresa ponteareá *Ecocelta recibirá máis de 170.000 euros para o desenvolvemento dun proxecto de mellora de xestión dos residuos 
O subdelegado subliña o avance imparable dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e *Resiliencia


O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, anuncia que o Goberno de España investirá máis de 7 millóns de euros en tres empresas da provincia no marco do *PERTE de Economía Circular, promovido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. 
*Foresa (Caldas de Reis), *Alumisel  (O Porriño) e *Ecocelta (Ponteareas) recibirán achegas dos fondos *Next *Generation por valor de máis de 7 millóns de euros para desenvolver catro proxectos dirixidos á mellora de xestión de residuos e á redución do consumo de materias primas virxes. O investimento total do catro iniciativas alcanza os 19,9 millóns de euros.
O subdelegado destacou que estas axudas “situarán a Pontevedra á cabeza de España no campo da economía circular, xa que permitirán desenvolver proxectos innovadores e únicos que contribúen a avanzar #cara un futuro máis verde e sustentable”.   
Neste sentido, Abel Losada destacou a axuda de 3.060.501 euros que recibirá a empresa caldense *Foresa para a posta en marcha dunha planta de fabricación de *biorresinas na localidade. Este novo centro estará destinado á fabricación e comercialización dun novo produto de *biorresina, que permitirá substituír a aquelas resinas convencionais que empregan *folmadehído, sustancia perigosa segundo a Unión Europea, e *molibdeno, un metal crítico para a industria. 
A nova *biorresina estará fabricada cun concentrado de *taninos extraído da cortiza de *coníferas procedentes dos residuos de fabricantes de madeira da área. Losada destacou “o impacto dun proxecto como este, que se adapta á contorna na que se desenvolve ofrecendo unha saída a un excedente tan común na nosa zona como é a cortiza”. Segundo explicou o subdelegado, “o investimento, que supera os 9 millóns de euros, prevé a execución dunha planta piloto a escala de laboratorio para a mellora continua do proceso e a execución dunha planta a escala industrial de forma paralela”. 
Por outra banda, a planta de *Alumisel no Porriño, destinada á xestión de baterías e vehículos usados, recibirá dúas achegas por valor de 3.915.227 euros para o desenvolvemento de dous proxectos nas súas instalacións. O primeiro  permitirá mellorar nun 65 % a eficiencia do proceso de reciclaxe de metais mediante a integración de novos equipos, que aumentarán a capacidade de traballo das instalacións e posibilitarán a recuperación dun metal crítico para a industria como é o aluminio. A segunda axuda estará destinada á construción dunha nova planta de recuperación de residuos metálicos na localidade. Tal e como informou o subdelegado, prevese que as  novas instalacións diminúan nun 90 % os residuos derivados da recuperación metálica, o que equivalería a case 6.000 toneladas métricas de residuos ao ano, e recuperen o 70 % dos residuos non metálicos. Ambos os investimentos alcanzarán os 10,5 millóns de euros. 
Estas achegas súmanse a axuda de 171.491 euros que a Fundación Biodiversidade concedeu, no pasado mes de outubro, á empresa ponteareá *Ecocelta para a mellora de xestión de residuos no marco deste *Perte. 
Abel Losada destacou que “estas axudas evidencian o avance imparable dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e *Resilencia na provincia, que están a debuxar a Pontevedra do futuro: máis innovadora, verde e eficiente”.